Archivos
Categorías
contact
Somos memoria viva dunha familia vencellada ao mar desde sempre.
Aquela filla que mudou remos por tixolas, redes por manteis, patelas de fíos e agullas por receitas e aromas.
En cada prato do Arruaz atoparás complicidade de moitas máns amigas. Persoas que fan do seu día a día algo máis que unha profesión.
Disfruta do ambiente distendido e informal que che ofrece a nosa tapería. Porque viño e tapas foron sempre ligazón de novas e vellas amizades.
Elegantes, alegres e expresivos. Así poderíamos definir a selección de viños que acompaña a nosa mesa. Fuximos intencionadamente da sobriedade dos viños pousados no tempo, para vivir o momento dos viños creados para ser desfrutados e non gardados.
Saúde e que os desfrutes!
Restaurante "Arruaz" un espazo para o disfrute.
No products in the cart.